É un proxecto de desenvolvemento do comercio de proximidade.
Entretendas CCU enténdese como a agrupación dun conxunto de comercios minoristas nun determinado espazo, unidos nunha organización baixo unha marca e que pretende desenvolver accións e servizos que beneficien ó asociado é ó consumidor final.
O concepto xurde como reacción ante a proliferación de centros comerciais e grandes superficies e ante o cambio que se produzo nos hábitos de compra dos consumidores.
[01.02.2010]
Entretendas quere agasallar aos visitantes da súa páxina web con 6 estancias de encanto para dúas persoas, a cambio do envío dun email de namorados. Se queres máis información, entra na nova.
[27.01.2010]
O mércores 27 de xaneiro de 2010, Entretendas CCU fixo una xornada formativa sobre as bolsas reutilizables aos rapaces de 4º e 5º de primaria dos colexios do concello de Sanxenxo no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán.
[13.01.2010]
Nestes días o TVSB Canal Rías Baixas está a visitar diferentes comercios de asociados a Entretendas CCU para facer un anuncio que aparecerá en breve en televisión.