Acceso a socios

asóciate agora

Vantaxes de asociarse

VANTAXES DO CENTRO COMERCIAL URBANO FRENTE ÁS GRANDES SUPERFICIES COMERCIAIS

  • O CCU localízase nun entorno urbano, que xeralmente ven a coincidir cos centros urbanos das cidades, o que supón ó mesmo tempo un importante potencial turístico.
  • Un CCU ten vida propia, e interrelación continua coa poboación do seu entorno; soe dispor de espazos abertos e zoas axardinadas.
  • Os comercios integrados nun CCU soportan polo xeral un aluguer máis baixo e cotas de comunidades máis vantaxosas fronte ós localizados nas grandes superficies; ademais poden dispor do seu propio patrimonio (locais).
  • O Comercio tradicional ofrece polo xeral un trato máis personalizado.
  • Os comercios localizados nun CCU gozan dunha exposición continuada dos seus escaparates as 24 horas do día, namentres que nunha grande superficie esta exposición vese restrinxida ó horario que permanece aberto o centro comercial.
  • Nun CCU intégranse outros servizos que non son unicamente comerciais, pero que orixinan importantes fluxos de persoas: administración pública, sanidade, educación...
  • Un CCU é un gran xerador de riqueza para a localidade, pois trátase dun conxunto de PEMES, que veñen a contribuír ó sostemento das economías locais.
  • Un CCU pode ofrecer os mesmos servizos de aparcamento, métodos de pago, promocións e campañas de ornamentación ou promoción que unha gran superficie; ademais conta coa vantaxe de desenvolverse en entorno municipais, co cal pódese contar co apoio das administracións públicas.
Entretendas Centro Comercial Urbano - R/ Progreso, nº 79 local 3B - 36960 - Sanxenxo - Pontevedra - Tel. 986 721 038 - info@entretendas.com