O Concello de Sanxenxo ten tres núcleos urbáns: dous costeiros, Sanxenxo e Portonovo, e un interior, Vilalonga, cada un deles con características distintas, tanto sociolóxica como morfolóxicamente.
- VILA DE SANXENXO
Sanxenxo, coa súa fermosa e famosísima praia de Silgar, é unha das máis atractivas vilas da Ría de Pontevedra e a capital turística de Galicia.
Encadrada no corazón das Rías Baixas, esta vila posúe un privilexiado microclima, de suaves temperaturas e ausencia de choivas no verán.
A vila de Sanxenxo estendese desde o Miradoiro de Pazos ata a praia de Baltar. O seu suave borde costeiro é unha sucesión de recollidas e acolledoras praias de fina area. Praias como as de Carabuxeira, Lavapanos, Panadeira, Os Barcos e a máis importante: a praia de Silgar, dotada coa Bandeira Azul dos Mares Limpos de Europa pola Unión Europea, tanto por la calidade do propio areal como polos amplos servicios de que está dotada.
Outro dos seus atractivos turísticos e o Porto deportivo de Sanxenxo, un dos máis modernos e mellor dotados de Galicia, así como o seu importante club náutico. Resulta curiosa a fusión de tradicionais actividades do porto, na súa orixe pesqueiro, coas actividades lúdicas e deportivas dos fermosos iates e veleiros. A carón do porto atópase a zona vella. Rúas estreitas e sinuosas con pequenas tascas e restaurantes onde poderemos gozar dos mellores productos da ría regados cun bo viño albariño.
Sanxenxo sufriu unha grande expansión nos últimos tempos debido á súa excepcional proxección turística. Ten unha ampla oferta hoteleira e de restauración, así como múltiples establecementos comerciais e de ocio, que xunto a tódalas súas marabillas naturais, fan desta vila un lugar ideal para disfrutar das vacacións.
- VILA DE PORTONOVO
Situada nun fermoso promontorio á beiras da ría de Pontevedra, Portonovo é unha típica vila mariñeira de empinadas e estreitiñas rúas que nos descobren curiosos currunchos e marabillosas perspectivas co mar como telón de fondo. A partir de Portonovo, a costa ábrese ó océano, aínda que a illa de Ons a protexe un pouco do mar aberto.
Portonovo posúe unha grande tradición pesqueira, de feito conta cun pósito ou confradíabertoa de pescadores desde o ano 1924, que na actualidade é unha das máis punteiras das existentes en Galicia, así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa, dotada dun gran nivel de informatización.
Anque está cada vez máis abierto ó turismo, Portonovo mantén a súa tradicional estructura de vila mariñeira, conxugando perfectamente ambas actividades. Na actualidade é o núcleo urbano con maior número de habitantes do municipio de Sanxenxo. Entre os atractivos turísticos destacan os seus fermosos areais Baltar, Caneliñas e Canelas, de augas cristalinas e finas areas. Un privilexiado entorno natural con marabillosas vistas da ría de Pontevedra desde o miradoiro de Caneliñas e desde Punta Seame, co especial microclima das Rías Baixas.
Así mesmo, Portonovo conta cunha ampla oferta hoteleira e innumerables restaurantes e tascas onde degustar riquísimos mariscos e pescados da ría, a famosísima empanada galega e outros productos gastronómicos de primeira calidade, froito da perfecta alianza entre o mar y o campo. Calquera destes productos típicos, acompañados dun saboroso viño albariño, fará as delicias de quen se achegue a visitar a vila.
- VILA DE VILALONGA
O núcleo urbano de Vilalonga é o máis pequeno dos tres existentes no municipio de Sanxenxo, anque nos últimos anos sufriu un importante crecemento. A maior parte da actividade industrial do municipio concéntrase arredor da vila, o que influíu no seu desenvolvemento económico, cunha crecente e variada oferta comercial e de servicios.
A oferta hoteleira concéntrase sobre todo nos arredores da vila, co que se poderá disfrutar da tranquilidade dun ambiente máis rural a moi poucos pasos de tódolos servicios.
Anque no propio núcleo de Vilalonga non existe ningunha praia, a poucos quilómetros atópase calquera dos areais do municipio, tanto os de baño, na ría de Pontevedra, como os de marisqueo, na ría de Arrozal. Entre os seus máis importantes monumentos destacamos a igrexa de San Pedro de Vilalonga, en canto a arquitectura relixiosa, e o Paso O Revel, en canto a arquitectura civil.