Acceso a socios

asóciate agora

atrás

De interese

XORNADA FORMATIVA "UNHA BOLSA DE IDA E VOLTA" DAS BOLSAS REUTILIZABLES PARA ESCOLARES

[27.01.2010]

O mércores 27 de xaneiro de 2010, Entretendas CCU fixo una xornada formativa sobre as bolsas reutilizables aos rapaces de 4º e 5º de primaria dos colexios do concello de Sanxenxo no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán.

 

Foi unha xornada moi amena e participativa co lema "UNHA BOLSA DE IDA E VOLTA", na que os técnicos da asociación presentaron as vantaxes para o medioambiente da utilización de bolsas de varios usos. Os rapaces e rapazas sorprenderon á organización, xa que sabían moito do tema do reciclaxe, das bolsas reutilizables e biogradables, así como da contaminación do plástico á natureza.

Na presentación incluíronse uns vídeos informativos, coas imaxes dos superheroes que coñecen das series de televisión, así como un pequeno foro de preguntas abertas para facer a xornada máis amena.

A asociación de comerciantes Entretendas CCU segue apostando por los seu apoio ó medio ambiente no sector do comercio. E así o trasladamos ós escolares participantes mediante o reparto de cadansúa bolsa biodegradable e reutilizable de varios usos.

Os escolares animáronse a participar nun concurso de preguntas

Os escolares animáronse a participar nun concurso de preguntas

 
@s nen@s aprenderon moito do perxuicio das bolsas plásticas

@s nen@s aprenderon moito do perxuicio das bolsas plásticas

 

Tamén fixemos unha carreira para encartar unha bolsa reutilizable, con agasallo para o gañador

Tamén fixemos unha carreira para encartar unha bolsa reutilizable, con agasallo para o gañador

Os alumnos participantes tamén preguntaron as súas dúbidas sobre o tema das bolsas

Os alumnos participantes tamén preguntaron as súas dúbidas sobre o tema das bolsas

 

 

 

Entretendas Centro Comercial Urbano - R/ Progreso, nº 79 local 3B - 36960 - Sanxenxo - Pontevedra - Tel. 986 721 038 - info@entretendas.com