[15.02.2010]
A Asociación de comerciantes Entretendas CCU do concello de Sanxenxo ten preparada a súa campaña de promoción nos medios de televisión na cadena local Canal Rías Baixas Tele Salnés.
Trátase do resultado de varias grabacións feitas entre o mes de decembro e xaneiro nalgúns dos establecementos comerciais asociados a Entretendas. Os membros da asociación Teatro do Mar de Portonovo participaron aportando o seu traballo como figurantes xunto cos propietarios dos locais.
O resultado son dous spots moi orixinais onde se representa a proximidade do comercio local co veciño da vila. Co lema " Medramos xuntos", Entretendas quere poñer un punto de atención na fidelidade e achegamento aos veciños do concello de Sanxenxo, de maneira recíproca.
Os dous spots presentaranse conxuntamente e comezarán a emitirse no próximo mes de marzo. Aquí tedes un adianto.