OBXECTIVOS
Todos eles encamiñados cara a satisfacción do cliente e do asociado.
O que pretende Entretendas CCU non é atacar ás grandes superficies, dado que no noso Concello o comercio ten uns profesionais, unha entidade, peso e imaxe ante o cliente final. O que tratamos é de utilizar fórmulas que potencien e dinamicen ó comercio mediante a agrupación dos activos e o ben facer dos nosos comercios.
O noso valor fundamental: a unión do trato cercan e de "toda a vida" cos máis modernos xeitos de xestión.
En definitiva, Entretendas CCU é un centro aberto, ó aire libre, sendo a hospitalidade e a boa acollida o motor dos nosos comercios.
¿QUÉ É UN CENTRO COMERCIAL URBANO ?
Un centro comercial aberto é unha agrupación espacial de establecementos comerciais, de restauración, de ocio e socioculturais, nun entorno urbano, xeralmente en cascos antigos das cidades, que se rexen por unha xestión integral do conxunto dos negocios a través dunha forma societaria que determina a estratexia empresarial e as políticas de actuación a desenvolver, e que ofrece unha imaxe unitaria da oferta global da zona mediante aspectos tales como:
Dito espazo deberá estar dotado dunha infraestrutura urbana que por unha banda a individualice como unha entidades propia (peonalización, sinalización, mobiliario, etc.) e, por outra banda, proporcione doada accesibilidade e aparcamento.
Resumindo, son tres, os aspecto que definen un centro comercial aberto:
Os centro comerciais abertos nacen como unha fórmula de cooperación do comercio ante os novos formatos comerciais. Non se trata de proxectos reivindicativos ante as grandes superficies, pero resulta interesante analiza-las vantaxes que ten ante elas, a fin de que estas sexan potenciadas como fortaleza do pequeno comercio.